miércoles, 22 de enero de 2020
As tres RRR
Continuando co tema de Ciencias, traballamos a reciclaxe e reutilización dos obxetos e como tamén coincidiu coa Cumbre do Cambio Climático celebrada en Madrid fai pouco, falamos do que está acontecer no mundo, de Greta Thunberg e de como podemos contribuir nós co noso pequeno grao a reducir, reciclar e reutilizar. Para poñelo en práctica os alumnos/as coa axuda das súas familias trouxeron obxetos, xoguetes, e máquinas feitas a partir de elementos de refugallo...ahí van unhas imaxes desa exposición..moitas grazas ás familias pola implicación neste tema.
Dia da Paz
No dia da Paz estivemos traballando na aula o cadro do "Guernica", buscando solucións aos conflictos dentro da aula e como facer para resolvelos dunha forma pacífica ademais de cantar cancións relacionadas coa Paz e convivencia.
viernes, 17 de enero de 2020
Reciclar, Reducir e Reutilizar
En ciencias naturais estivemos traballando o tema da reciclaxe e os alumno@s fixeron coa axuda das familias xogos, xoguetes e utensilios novos a partir de materias de refugallo, e con elas unha exposición das mesmas, hai de todo!! Moitas grazas ás familias polas súa colaboración..
jueves, 16 de enero de 2020
Apalpador e Papa Noel
Plástica
En plástica estivemos traballando as postais de Nadal e o autor Keith Haring antes de rematar o trimestre.
Robótica 2
Taller de Fisioterapia
Antes de rematar o trimestre, tivemos tamén o Taller de Fisioterapia con dúas nais que nos ensinaron a poñer vendaxes e outra para saber da nosa agudeza visual. Aprendimos moito sobre a súa profesión e o que fan diariamente para os estiramentos e a compresión. Moitas grazas!!
Papiromates
En decembro realizamos unha saída a Fundación Abanca, para o Taller de Papiromates, e descubrimos a relación entre as matemáticas e a papiroflexia facendo un marcapáxinas de papel.
Tamén fixemos xogos matemáticos e aprendimos o origami vendo a exposición de moitas figuras; animais, obxetos, etc..
Tamén fixemos xogos matemáticos e aprendimos o origami vendo a exposición de moitas figuras; animais, obxetos, etc..
Nadal
Aquí vos deixamos unha mostra das postais de Nadal que fixeron os nen@s xunto coa decoración das portas da clase.
Taller de alimentación
E continuando co tema da alimentación e o coidado da saúde, tivemos a sorte de facer un taller de galletas saudables de avea con froita e algún toque doce para decorar...estaban deliciosas...moitas gracias!
miércoles, 15 de enero de 2020
Taller de Pilates
Continuando cos talleres de pais tivemos o taller de Pilates onde dúas profesionais da materia nos ensinaron como facer estiramentos...puxémonos en forma de forma moi divertida!! Gracías por ensinarnos tanto e tan ben!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)