miércoles, 18 de marzo de 2020

Xogos de mesa

Aínda que é unha entrada antiga..quero compartir con vós o ben que o pasaron antes do Nadal, coa chegada de xogos que mercamos para que aprendan a xogar en equipos..


Entroido!!


Como cada ano celebramos o entroido que este ano foi adicado ás olimpiadas...ainda que creo que con isto do Coronavirus van ter que aprazalas..






Robótica 2

Aproveitamos a repasar contidos de figuras xeométricas e o reloxo analóxico mediante o emprego do noso robot...

Quererse ben!!

Seguindo con contacontos...tivemos a visita dunha ratiña moi especial que nos ensinou a querernos ben e que nos quieran ben...e senón...xa sabedes..a berrarr!!!


Taller de Epi

Seguindo cos talleres de pais, o pai de Oliver explicounos todo o necesario e importante que son os equipos de protección indvidual dentro dos traballos e sobre todo no seu caso que traballa nas alturas comprobando o bon funcionamento dos eólicos...moitas gracias!!


Taller de maquillaxe

A nai de Silvia visitounos e explicounos a arte da maquillaxe e ademáis nos demostrou a boa profesional que é pintándonos a cada un de nós......Moitas gracias!!


miércoles, 22 de enero de 2020

As tres RRR


Continuando co tema de Ciencias, traballamos a reciclaxe e reutilización dos obxetos e como tamén coincidiu coa Cumbre do Cambio Climático celebrada en Madrid fai pouco, falamos do que está acontecer no mundo, de Greta Thunberg e de como podemos contribuir nós co noso pequeno grao a reducir, reciclar e reutilizar. Para poñelo en práctica os alumnos/as coa axuda das súas familias trouxeron obxetos, xoguetes, e máquinas feitas a partir de elementos de refugallo...ahí van unhas imaxes desa exposición..moitas grazas ás familias pola implicación neste tema.


Dia da Paz

No dia da Paz estivemos traballando na aula o cadro do "Guernica", buscando solucións aos conflictos dentro da aula e  como facer para resolvelos dunha forma pacífica ademais de cantar cancións relacionadas coa Paz e convivencia.

viernes, 17 de enero de 2020

Reciclar, Reducir e Reutilizar


En ciencias naturais estivemos traballando o tema da reciclaxe e os alumno@s fixeron coa axuda das familias xogos, xoguetes e utensilios novos a partir de materias de refugallo, e con elas unha exposición das mesmas, hai de todo!! Moitas grazas ás familias polas súa colaboración..

jueves, 16 de enero de 2020

Apalpador e Papa Noel


E xa para rematar este primeiro trimestre tivemos a visita do Apalpador e de Papá Noel nas nosas clases, pedímolle moitas cousas porque fomos moi bós..


.





Plástica

En plástica estivemos traballando as postais de Nadal e o autor Keith Haring antes de rematar o trimestre.

Robótica 2

Aproveitamos o fin do trimestre para repasar conceptos de ciencias naturais do noso corpo a través da robótica, e fixemos unha sesión de repaso dos nosos ósos.

Taller de Fisioterapia



Antes de rematar o trimestre, tivemos tamén o Taller de Fisioterapia con dúas nais que nos ensinaron a poñer vendaxes e outra para saber da nosa agudeza visual. Aprendimos moito sobre a súa profesión e o que fan diariamente para os estiramentos e a compresión. Moitas grazas!!

Papiromates

En decembro realizamos unha saída a Fundación Abanca, para o Taller de Papiromates, e descubrimos a relación entre as matemáticas e a papiroflexia facendo un marcapáxinas de papel.
Tamén fixemos xogos matemáticos e aprendimos o origami vendo a exposición de moitas figuras; animais, obxetos, etc..

Nadal

Aquí vos deixamos unha mostra das postais de Nadal que fixeron os nen@s xunto coa decoración das portas da clase.



Taller de alimentación



E continuando co tema da alimentación e o coidado da saúde, tivemos a sorte de facer un taller de galletas saudables de avea con froita e algún toque doce para decorar...estaban deliciosas...moitas gracias!

miércoles, 15 de enero de 2020

Taller de Pilates



Continuando cos talleres de pais tivemos o taller de Pilates onde dúas profesionais da materia nos ensinaron como facer estiramentos...puxémonos en forma de forma moi divertida!! Gracías por ensinarnos tanto e tan ben!!